Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O TSXG fai firme a orde de impedir a parada das cubas en Alcoa

Por 28 Xullo, 2021Xullo 29th, 2021Sin comentarios

O Tribunal Supremo rexeitou o recurso presentado por Alcoa contra as medidas cautelares que no seu día impuxo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para evitar que a multinacional parase as cubas de electrolisis na planta da Mariña.

Deste modo, o tribunal considera que o auto “non era susceptible de recurso algún”, polo que declara a firmeza da resolución que o TSXG adoptou en novembro de 2020, á espera da decisión sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado pola multinacional.

O que implica o fallo e que a orde dada no seu momento de absterse de parar a maquinaria de electrolisis faise firme.

Como o ERE foi declarado nulo polo TSXG, aos efectos prácticos esta medida non ten moito efecto, tendo en conta que o expediente de regulación foi despois anulado polos xuíces.

En calquera caso, a letrada, que recibiu a notificación da sentenza este mesmo martes, valora esta inadmisión, que o persoal recibe á espera do pronunciamento do Alto tribunal sobre o recurso interposto por Alcoa contra a sentenza que anulou o ERE, que, debido á súa importancia, se debatirán no Pleno do Supremo.