Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

Memorable fin de semana para as Escolas deportivas de Lourenzá

Por 6 Xullo, 2021Xullo 15th, 2021Sin comentarios

As Escolas de Lourenzá participaron en Lugo nun novo campionato autonómico onde competiron as categorías cadetes e xuvenis. Destacaron Fernando Vallines Fernández como Campión autonómico en peso xuvenil de 13,30 metros; Iria Rodríguez Ares, que acadou un bronce en 600 lisos con 1,43,66 minutos; e Guillermo García Arruñada conseguiu outro bronce en disco con 24 metros.

Ademáis debutaron Carmen García Vázquez nas combinadas hexatlón cadete, logrando ser a cuarta de Galicia a escasos puntos do pódium con mellor marca personal en altura, vallas e lonxitude. E tamén completou con xavelina, peso e 600 lisos.

Competiron tamén Alba Lorigados en 100 lisos, Ian Méndez en 300 valados, xavelina; Iria Otero en 3000, Lourdes García en 3000, Marta Rivas en 600 e  Alberto Ratoeira en 400 vallas.