Skip to main content
Deportes AMARIÑAXA

O Real Madrid CF Juvenil A enfrontarase ao Viveiro

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

O Real Madrid CF Juvenil A, campión da Champion League o ano pasado con Raúl no banco, visitará Cantarrana o vindeiro 11 de agosto para enfrontarse ao Viveiro CF e disputar o Trofeo Luis de Carlos.

Esta será unha das citas deportivas da pretempada celeste que dará comezo o sábado 31 de xullo contra o Deportivo da Coruña. Despois de enfrontarse co xuvenil do Rea Madrid, o xoves 12 xogrará o Trofeo Maruxaina en A Veiga, o sábado 14 serán os cuartos da Copa RFEF, o 16 será o Trofeo San Roque, e xa o 21 de agosto veranse as caras contra o Arzúa e Burela o 28.