Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

A pista de pádel de San Miguel de Reinante atópase pechada por seguridade

Por 28 Xullo, 2021Xullo 29th, 2021Sin comentarios

A pista de pádel de San Miguel de Reinante atópase pechada pois “por mor do vento a estrutura portante da cuberta sufriu grandes deterioros nas zonas de soldaxe provocando a rotura de catro apoios centrais”, así o comunicou no Pleno a alcaldesa Ana Ermida.

A arquitecta técnica fixo un informe técnico en abril do 2020 cando ao Concello se lle solicitou a devolución do aval da cuberta no que facía unha anotación na que “manifestanse unha serie de problemas na obra executada na que se observa que a cuberta está a dar problemas de deformación que por culpa do vento e estanse a levantar as pranchas de cubrición”. Baixo o criterio da arquitecta estes problemas no son derivados da execución da obra senón do propio proxecto.

Segundo a alcaldesa, Ana Ermida, tamén indica que “as obras iniciáronse se ter asinada a acta de replanteo, que se iniciaron sen ter presentado o proxecto que finalmente se executa, como consecuencia do anteriormente dito non puido certificarse que a cimentación se executara conforme ao proxecto aprobado finalmente.

Ademais o céspede atópase en moi mal estado tanto pola súa idade, como polo seu mantemento e pola mala execución da soleira da base, e “obviamente por seguridade non pode ser usada”, rematou dicindo Ermida.