Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Esta madrugada Adrián Ben debutará nos Xogos Olímpicos

Por 30 Xullo, 2021Sin comentarios

Adrián Ben competirá na proba de 800 metros este sábado 31 de xullo ás 2.50 horas da madrugada segundo a hora española. No caso de lograr a súa clasificación nesta primeira fase, o viveirense podería competir na semifinal, o 1 de agosto ás 13:25, e posteriormente nunha hipotética final que se celebra o 4 de agosto ás 14:05, de novo ambas segundo a hora española. 

Co obxectivo de apoialo durante estes días, o Concello de Viveiro colocou varias pancartas na casa consistorial para animar ao atleta. Esta será a primeira cita olímpica para o deportista, pero Adrián xa acumula varias participacións e éxitos noutras competicións internacionais de calibre.