Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Adrián Ben clasifícase para as semifinais que se disputarán mañá

Por 31 Xullo, 2021Sin comentarios

Adrián Ben rematou terceiro na cuarta serie de 800 metros lisos celebrada este sábado 31 de xullo de madrugada, clasificándose así para as semifinais deste domingo 1 de agosto.

O atleta viveirense arrincou ben e chegou a estar segundo malia que o final terminou na terceira posición cun tempo de 1:45.30 por detrás do botsuano Nijel Amos, 1:45.04, e do kenyano Michael Saruni, 1:45.21.

De volver clasificarse mañá domingo a final será o 4 de agosto ás 14:05, segundo a hora española.