Skip to main content
Alfoz

Xa hai gañadores do II Concurso de fotografía Alfoz en primavera

Por 6 Xullo, 2021Sin comentarios

Fotografía gañadora de Alberto Díaz, O Escouridal desde o aire

Xa hai gañadores do II Concurso de fotografía Alfoz en primavera, no que Alberto Díaz Rivas da Coruña coa súa fotografía O Escouridal desde o aire e dotado de de 300 euros e diploma, o segundo e terceiro premio foron para a vilalbesa Verónica Rey Nieto con A ras do chan que leva e Galea, desde a outra beira do río, e están dotados con 200 e 300 euros e diplomas.

O Concello de Alfoz quixo agradecer a todos os participantes polas súas fotografías que pasarán a formar parte da Exposición de Fotografía Alfoz en primavera prevista para principios de novembro no Castelo de Castro de Ouro.

Este concurso forma parte da promoción turística do Concello de Alfoz e está subvencionado polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

Segundo e terceiro premio, A ras do chan que leva e, Galea, desde a outra beira do río, de Verónica Rey Nieto