Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Alfoz terá unha reunión informativa sobre o vindeiro curso escolar

Por 27 Xullo, 2021Agosto 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Alfoz terá unha reunión informativa sobre o curso escolar 2021-2022 o 25 de agosto ás 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura. Neste acto informarase ás familias e estudantes dos servizos, programas e axudas cos que o Concello de Alfoz conta para o alumnado dos distintos niveis educativos.

O Programa de Conciliación no que se inclúen o Servizo de Madrugadores, OES (ocio e estudio) e Inglés para o alumnado do Ceip Castro de Ouro de Alfoz que, de xeito totalmente gratuito pode disfrutar da ampla oferta de actividades fóra de horario lectivo desde o primeiro ata o último día de curso.

As escolas deportivas municipais, que ofrecen patinaxe, fútbol campo e fútbol sala, desde outubro ata maio tamén son gratis. Haberá novidades na biblioteca, que se está a remodelar por completo, incorporando unha sección propia de igualdade chamada Recuncho violeta, e que contará con libros, xogos, novos dispositivos dixitais e que un ano máis contará con todas as lecturas obrigatorias nos centros educativos onde estuden os rapaces do Concello.

O Concello ademais, presta un servizo para todos os que necesiten pedir a tarxeta de estudante de autobús para desprazarse a estudiar BAC e FP nos diferentes IES da Mariña, así como becas de transporte do Concello  que todos os anos se conceden para cubrir os gastos xerados por estes desprazamentos.

Tamén terán cun servizo para tramitar as solicitudes das becas do Ministerio de Educación para o alumnado de BAC, FP e Universidade, sempre de xeito gratuito.