Skip to main content
Burela

Os alfombristas de Burela realizarán unha alfombra floral en Ourense

Por 8 Xullo, 2021Xullo 9th, 2021Sin comentarios

Este xoves 8 de xullo pola tarde os alfombristas de Burela, xunto con otros alfombristas pertencentes á federación galega de alfombrismo e arte efémera, estarán a realizar unha alfombra floral no Lugar de Montederramo, con motivo da presentación do proxecto  audiovisual Ribeira Sacra, onde todo pode ocorrer.

A productora galega Queiman e Pousa realizou esta obra coa colaboración de institucións, concellos e adegas, para poñer en valor a riqueza interior e rural deste territorio. A gala de presentación deste proxecto será no mosteiro de Montederramo, en Ourense, onde realizarán a alfombra floral utilizando materiais como as virutas de cores, cipres, hortensias, caraveis, caolín… 

O deseño desta alfombra floral é autoría da artista burelá, Belen Mogo, “este deseño pretende dar a mensaxe visual de que a Ribeira sacra, esa paisaxe de socalcos de soños e fadas, deusas  entre vides e mosteiros escoitando o murmurio da auga polos profundos vales”, di Mogo. “Unha moza chamada Ribeira, entre arquitectura sacra e vides das que brota o ben mais prezado da zona, o viño”, engade.