Skip to main content
BurelaCultura AMARIÑAXA

Belén Mogo, artista de Burela: “Burela deume oportunidades para desenvolver o meu arte”

Por 18 Xullo, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Belén Mogo é unha artista multidisciplinar burelá que ademais de trasladar a diferentes materiais os seus pensamentos colabora con diferentes asociacións

Que tipo de artista é, referíndonos ao tipo de técnica que usa?

Son unha artista multidisciplinar pero principalmente dedícome a pintar con oleo e acrílico e ultimamente sobre tea. Todo depende do que queira facer e o soporte uso unha cousa ou outra o acrílico polo secado e a textura lisa que deixa.

Como comezou?

Empecei dende ben pequena, en 3º de EGB xa pintaba e de pequena comecei sendo autodidacta pintando con temperas e acuarelas, pero sempre materiais con pinceles. Logo fixen Deseño Gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo.

Gañou moitos premios?

De pequena si que gañeir varios premios en certámenes de debuxo como o de Tráfico e outros nos que nos presentaban no colexio. Xa fai un par de anos participei na no certame para o cartel da Feira do Bonito de Burela na súa edición 24, o cal gañei.

É unha artista polifacética, non?

A min a xente de Burela deume oportunidades para desenvolver o meu arte, ben dando clases de pintura, facendo logotipos para negocios, ou carteis para promocionar eventos, algunha que outra exposicón e sobre todo o tema do alfombrismo. Estou contenta con todos estes ámbitos.

Nas clases de pintura conta con moitos alumnos? 

Dou clases de pintura dende fai anos principalmente para adultos pero tamén a nenos, son xente de varios sitios da Mariña que van sabendo de min polo boca a boca dos demais.

Traballa ademais con varias asociacións?

Si, colaboro con Amas de Casa Ledicia, a Asociación Esperanza, tamén coas anpas en Os Castros e Fondo Nois. Gústame colaborar con mais xente e facer proxectos conxuntos coma con Martín Lestao no alfombrismo ou María José Mon, profesora de bordado, facendo delantales e camisetas para o mercadillo solidario con AFAN e A Eesperanza.

Estes días deseñou e elaborou unha alfombra floral en Montederramo, como foi o proceso?

Coa Asociación Burela Floral preparamos e confeccionamos un tapiz en Montederramo, Ourense, e ocupeime de crear o debuxo que representaba muy ben o espíritu do documental Ribeira Sacra, alí onde todo pode ocorrer. E preparamos o material a plantilla e decidimos que materiais se axeitarían mellor para crear texturas distintas no tapiz. A nosa maneira de facer alfombras florais e moi creativa tanto polos motivos como pola variedade de materiais que usamos e sempre estamos a indagar en novos ou utilizalo de forma distinta.

Ten algún proxecto en mente?

Eu conto con seguir facendo cousas aquí, en Burela, por que aquí é donde me movo e onde estou agusto. O arte forma parte de min así que seguirei argallando dunha forma ou outra.

E o futuro, como lle depara? 

Ideas sempre hai ahora estou con un proxecto de cazadoras pintadas a man personalizadas e seguirei coas clases de debuxo e coa alfombra que son dúas cousas que me enchen moito á hora de crear.