Skip to main content
A PontenovaCervo

Os polígonos de Cervo e A Pontenova reciben unha achega

Por 9 Xullo, 2021Sin comentarios

A Xunta aprobou axudas que suman preto de 687.300 euros para impulsar obras de mellora en oito polígonos industriais de Lugo.

A resolución da orde de achegas dirixidas a concellos para modernizar as infraestruturas dos parques empresariais beneficiará aos municipios de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade, onde grazas a estas axudas prevese unha mobilización final nos proxectos de 1,1 millóns de euros.

Unha desas axudas correponde a Cervo, onde a Xunta destina 240.000 euros a dous proxectos no polígono de Cuiña, orientados a dotar de beirarrúas unha marxe da vía de acceso (sentido Burela-San Cibrao); e outro para mellorar a xestión de residuos.

O da Pontenova, pola súa banda, recibirá 74.200 euros para mellorar a rede viaria no seu centro industrial.

As axudas poden alcanzar ata o 80% do importe dos proxectos cun límite de 120.000 euros para solicitudes individuais. Entre outros criterios, valórase de xeito especial que os solicitantes sexan Concellos Emprendedores.