Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo colabora coa asociación Mistura

Por 24 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo colabora coa agrupación Mistura de Lieiro mercando diferentes complementos para os seus traxes tradicionais.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro e tamén membro de Mistura, Alfredo Fernández, entregaron as prendas a varios representantes do grupo entre os que se atopaban o presidente e profesor de Mistura, Claudio López, ademais de Claudia Muíño e Lorena Vior, como membros da directiva.

Caramés destacou o gran labor que desenvolve en prol “da preservación da tradición e da cultura galega o Grupo Mistura que conta con preto de 70 integrantes –entre músicos e bailaríns-; e que tamén fai unha función fundamental para inculcar o folclore galego entre os máis novos” –xa que suma máis de 40 nenos/as nas súas filas-.

A edil aproveitou a ocasión para darlle ánimos á agrupación, xa que a cultura, como todos os sectores, tamén se viu tremendamente afectada e limitada pola pandemia, “están a ser tempos moi difíciles para todos; agardamos máis pronto que tarde poder volver desfrutar en vivo e sobre o escenario do talento desta agrupación local e que poidan lucir ante o público a súa arte e a súa bonita vestimenta, que veñen de renovar”; un desexo que facemos extensible a todas os colectivos de Cervo que están a sufrir as consecuencias da crise sanitaria.

O Concello de Cervo mercou medias, monteiras, panos de diferentes tamaños, faixas e tellas adaptadas aos traxes tradicionais elixidas pola agrupación.