Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

A piscina de Cervo acollerá a copa galega de salvamento e socorrismo

Por 30 Xullo, 2021Sin comentarios

A piscina municipal acollerá este sábado 31 de xullo, a Copa Galega de Salvamento e Socorrismo nas categorías cadete (13 e 14 anos) e absoluta (14 anos en diante).

A cita, na que participarán medio cento de deportistas de 8 clubs galegos, desenvolverase durante toda a xornada, e horario de 10:00 a 12:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

Os participantes mediranse a nivel individual en diferentes probas de obstáculos, remolque con aletas ou arrastre de boneco, entre outras modalidades. 

Tal e como precisou o responsable da federación “trátase dunha cita moi importante para definir os integrantes da selección galega que nos representarán no Campionato de España por Autonomías que se disputará o 24, 25 e 26 de setembro en Castellón”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez recordaron que aquí “en Cervo dispoñemos dunhas instalacións privilexiadas, únicas na provincia, e das poucas que hai en Galicia destas características; con todo o equipamento necesario que fan da nosa piscina un emprazamento de categoría para poder acoller probas como esta; aínda que nesta ocasión a competición, dadas as circunstancias sanitarias terase que desenvolver a porta pechada”.