Skip to main content
Foz

Comenzaron as obras nun colector do Porto Chico de Foz

Por 1 Xullo, 2021Sin comentarios

Comenzaron as obras de separación de augas pluviais das augas fecais dun colector sito no Porto Chico en Foz. “O colector que sempre se rompía e desbordaba por pouco que chovese, isto provocaba vertidos continuos de augas fecais sen depurar directamente o mar”, din dende a asociación A Ribeira de Foz.

Esta obra está tramitada e faina a Concellería de Medio ambiente do Concello de Foz “era moi necesaria e incluso hai inundacións desas augas fecais dentro do pañol de pertrechos do Club Náutico de Foz”, remarcan.