Skip to main content
Foz

Foz terá un miradoiro no paseo entre A Rapadoira e Llas

Por 3 Xullo, 2021Sin comentarios

O Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico está a levar a cabo as tarefas de mellora dunha pequena península ubicada entre Ollo do Mar e Llas.

Esta zona, que se atopaba chea de maleza e de restos de basura, desbrozarase e limparase para poder poñela en valor e que a veciñanza poida usala e desfrutar dela como un miradoiro sobre o Cantábrico.

Estas obras foron solicitadas polo Concello focego xa que o paseo da Rapadoira a Llas é un dos máis concurridos na tempada estival.

Os traballos lévanse a cabo dentro do Plan de conservación que Costas desenvolve no litoral da Mariña e responden a unha peticion do alcalde da localidade, Fran Cajoto.

A zona, na que se está a actuar conservará os muros que xa podían verse e que se corresponden cun proxecto inmobiliario que non chegou a levarase a cabo. Quedará descuberta unha pasarela de acceso á península dende o extremo máis próximo ao mar.

Os traballos, que xa se iniciaron, teñen previsto rematarse a finais deste mes de xullo.