Skip to main content
Foz

Primeiro mes da compostaxe comunitaria en Foz

Por 11 Xullo, 2021Sin comentarios

O departamento de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Foz apostou firmemente pola compostaxe como parte da solución para contribuir a reducción da pegada medioambiental. Por iso o pasado mes de xuño “o noso Concello iniciou a compostaxe comunitaria que está a ser xa un dos eixos de funcionamento da Delegación de medio Ambiente”, din dende o BNG de Foz.

As accións levadas durante estes dous anos a prol da compostaxe inclúen entrega de mais de 150 composteiros individuais en todas as parroquias, pendentes de ampliar por ter acadado notable interese e atoparse veciñxs en lista de agarda, campañas de sensibilización entre a poboación, formación de dúas traballadoras municipais no programa Mestres Composteiros e inicio da Compostaxe comunitaria con 9 familias participando na proba piloto de Costa do Castro.

Facilitáronse neste proceso tamén composteiros ao Ceip O Cantel, ao Ceip Fondo Nois, e IES de Foz asi como ao Colexio do Pilar e agardan que o vindeiro curso escolar poda iniciarse o seu uso nos centros de ensino.

En todo o proceso realizáronse achegas para o material para facer, delimitar e sinalizar a zona de compostaxe, así como o soporte de formación para usuarios e seguimento de bo uso por parte dunha empresa, tanto dos individuais, como os dos colexios e a zona comunitaria cun Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Actualmente estan a espera dunha trituradora de podas para fornecer de material estructurante aos usuarios da zona comunitaria, e así pechar o ciclo de reutilización tamén de poda.

Dende o BNG din, “agardamos dar continuidade a un proxecto de futuro para unha mellor xestión do lixo, un proceso limpo, ecolóxico, que fará que os centos de kilos de materia orgánica que xeramos en cada casa nun ano, evitemos que pasen ao camión do lixo; non van ir en tren ou camión a Sogama, e non se van incinerar. Polo tanto eses residuos non van producir contaminación no país e vanse aproveitar para xerar enriquecemento do solo. En suma estamos falando so de ventaxas, ista é a filosofía esencial da compostaxe doméstica e comunitaria”.