Skip to main content
Foz

O PP de Foz denuncia “a lentitude nas obras se realicen cando do campo de Malates”

Por 21 Xullo, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Foz denuncia a “desidia e lentitude do goberno de Foz” que deriva na tardanza en iniciar as obras de arranxo do campo de fútbol de Malates que “foron anunciadas no mes de febreiro e que financiaría a Deputación de Lugo”. O voceiro, Javier Castiñeira, explica que “xa nos están chegando as queixas dos clubs que prevén que as obras se farán cando máis se precisa o campo de fútbol”.  

O popular sinala que “non entendemos por qué o Concello non ten iniciados eses traballos. Estamos no mes de xullo e non hai ningunha obra nos campos de fútbol”. Castiñeira lamenta, nese sentido, que “moitos clubs, asociacións e incluso campus que está previsto celebrar este verán se vexan prexudicados” e agarda que “as obras non se estean a executar cando se estean a disputar as competicións federativas”. A este respecto, advirte que “as obras para facer nun campo de fútbol deben tratar de facerse no mes de xullo que é o mes con menos actividade”; xa que, “despois, veñen as pretemporadas coma o Club Deportivo Foz ou coma a escola de fútbol da asociación de Santiago de Foz”.

Castiñeira condena a “absoluta falta de organización por parte da concellería de Deportes e de todo o goberno local en xeral” que “chega sempre tarde” e, polo tanto, “prexudica aos veciños e, neste caso, aos máis de 300 usuarios do campo de fútbol de Malates”.