Skip to main content
Foz

O Concello de Foz cribou a area tralo período de nidificación da píllara das dunas

Por 27 Xullo, 2021Xullo 28th, 2021Sin comentarios

A píllara das dunas é unha pequena ave limícola cuxas poboacións en Europa atópanse en claro declive. A poboación galega con apenas 80 parella é a única existente en toda a costa cántabro-atlántica, o que sumado a outra serie de factores de ameaza a converten nunha especie vulnerable. Por este motivo inclúense no Catálogo galego de especies ameazadas e posúe un plan de conservación específico.

A píllara das dunas móvese pola fronte da praia, polo cordón dunar e polas zonas do intermareal lamacento-areoso.

Esta especie sofre a perda do seu hábitat e ocupación das costas para usos recreativos que soportan costas e praias durante o verán, circunstancia que prexudica notablemente a reprodución.

A limpeza costeira, elimina as poboacións vexetais onde nidifican, ademais de destruír os seus niños e a construción irrespetuosa apoia o declive da especie.

Tamén cabe destacar as súas ameazas naturais tales como gaivotas, córvidos, raposos, gatos e ratas.

O seu estado de conservación a nivel mundial é sen preocupación na Lista Vermella da UICN e atópase recollido tamén no Libro Rojo de las Aves – SEO/BirdLife como especie vulnerable en España, por iso a Xunta de Galicia aprobou o plan de conservación.

Así, a praia da Rapadoira de Foz entre o 15 de marzo e 15 de xullo, que é o seu período reproductor, ten as dunas virxes debido á que a píllara anida nese hábitat.

“É un compromiso coa Axenda2030 e o ODS14. O cambio climático obrigounos a desenvolver estratexias de turismo sostible. Segundo o marcado polo ODS 14, que pon en valor a sostenibilidade dos ecosistemas mariños”, din dende o Concello.

Para axudar á conservación o Concello de Foz informa de que haberá que evitar desprazarse polas dunas, non achegarse aos niños, non deixar desperdicios na praia e utilizar os accesos existentes.