Skip to main content
Foz

A Rapadoira conta cunha pasarela para mobilidade reducida

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz colocou un parasol e unha pasarela para mobilidade reducida na praia da Rapadoira, así como lavapés e caseta socorrismo na praia de Pólas.

Tamén estiveron a facer desbroces de camiños en Forxán, Mañente, na contorna de Llas e Paseo do Río Ouro, fixeron traballos de reparación de baldosas en Cervantes e na avenida de Viveiro.

Ademais tamén levaron a cabo tarefas de limpeza de xardíns e parques en Uxío Novoneira, na escola de Forxán, Julia Minguillón e na rúa Corporacións.