Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acolle un ano máis o Merlín Fest

Por 6 Xullo, 2021Xullo 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá unha nova edición do Merlín Fest, cunha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.

A música será o fío condutor dos sábados nestas iniciativas e así, dará comezo o 10 de xullo co concerto de Irmandades do falo, o día 17 con Versións band, o 24 co Grupo Roma, o 31 con Adrián Vigo, o 7 de agosto con Forget La France, o día 14 co Grupo Xuventude e o 11 de setembro con Superglú.

Todas estas actuacións serán na praza do Concello ás 22.30 horas.

Por outra banda, os domingos serán os aperitivos do Merlín ás 13.00 horas, e nesta ocasión o 11 e 18 de xullo e 15 e 22 de agosto poderase desfrutar de Puzzle animación na praza do Concello en xullo, e na de San Xoán e na avenida de San Lucas os respectivos días. Xa o 25 será a quenda do Grupo Principal no barrio dos Muiños, e o día 1 de agosto desfrutarse da música do Dúo Zafiro na praza de San Xoán e o 8 de agosto de Miquel Allué na praza da Catedral.

Con este proxecto o Concello tenta apoiar ao sector cultural local tralo parón debido ao covid-19 e ao mesmo tempo servir de atractivo turístico para dinamizar a economía local.