Skip to main content
Mondoñedo

O campamento de verán Mondopeque favorece a conciliación

Por 31 Xullo, 2021Sin comentarios

O campamento de verán Mondopeque ten por obxectivo favorecer a conciliación para as familias de 40 nenos e nenas cun apoio da Consellería de Emprego e Igualdade de 15.000 euros na edición deste ano.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o valor da conciliación na consolidación dunha sociedade galega máis igualitaria e con máis benestar, é por iso que, en relación a esta política, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolleu o pasado 22 de xuño un programa de apoios ás entidades laicais que inclúe catro liñas de financiamento, unha delas con 1,4M€ de investimento, destinadas a apoiar programas de conciliación nos concellos de Galicia, como é o caso da iniciativa Mondopeque.