Skip to main content
Ourol

Visto bo á continuación das obras en catro estradas de Ourol

Por 4 Xullo, 2021Sin comentarios

A Deputación deu o visto bo á redacción do proxecto modificado e a continuación das obras en catro estradas do Concello de Ourol. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto aclarou que “este modificado realízase para mellorar as condicións nas que quedarán as estradas”. Afecta ás vías provinciais LU-P-6602, de Ruanova a Muras entre o punto quilométrico 18,550 e o 19,095; a dous tramos da LU-P-3805, de Sixto a Campo do Foxo, do inicio ao 0,953 e do 11,240 ao 14,917; aos primeiros 2,676 quilómetros da LU-P-3808, que une Foxo con Portapena; e aos 200 primeiros metros da vía  LU-P-6406, de Cristo da Portapena a Ponte Segade. 

Este modificado supón un incremento do prezo nuns 48.200 euros polo que o orzamento para estas catro vías será finalmente duns 300.000 euros. Os traballos, que comezaron en abril, teñen un prazo de execución previsto de 6 meses e consisten na limpeza de cunetas, drenaxe e estendido de aglomerado en quente.