Skip to main content
A Pontenova

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos para o verán da Pontenova

Por 22 Xullo, 2021Xullo 23rd, 2021Sin comentarios

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns os protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova. “Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo Campos Conde.

“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.

Programación

A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co Misterio da Via Rexia, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa proxección da película Cuñados, ás 23:30 horas. E o 25 a protagonista será a danza coa compañía Propulsa. As actuacións destes tres días celebrárase na Praza dos Fornos.

O Pozo da Ola será o escenario doutro inesquecible verán con xogos acuáticos, serán os días 12, 13, 14 e 15 de agosto. A programación destas actividades deportivas fluviais, de balde e para todos os públicos, desenvólvese en espazos naturais como o noso río e inclúe atraccións con inchables e moitos xogos. Cada sesión de mañá e tarde, estará supervisada por profesionais.

O mes de agosto comeza coa actuación musical dos Piñeiros será o día 6 de agosto ás 22:30 horas. O 13 ás 22:30 horas o protagonista será o Circo do lume, que inclúe números que mesturan técnicas de baile con malabares, manipulación, pirofasia e humor. A Banda da Loba actuará o día 21 de agosto ás 21:30 horas, e por último haberá maxia da man de David Méndez, o día 28 de agosto ás 20:30 horas. Todas estas actuación celebraranse tamén na Praza dos Fornos.

Campamento de verán

Paralelamente a estas actividades o Concello da Pontenova organiza novamente unha nova edición do seu campamento de verán para os máis pequenos da casa, poden participar dende os 3 aos 14 anos, e están adaptadas ás normas COVID. “Celebrase dende o 26 ata o 30 de xullo, e no mes de agosto dende o día 2 ata o 6 cun horario de 10:00 a 14:00 horas”. Para participar, previo pago da matricula, hai que inscribirse no Concello.