Skip to main content
Ribadeo

Os peregrinos poderán selar, en Ribadeo, as súas credenciais cos seus dispositivos móbiles

Por 7 Xullo, 2021Sin comentarios

Ribadeo contará cun catálogo interactivo de produtos e servizos para o peregrino no que participan medio cento de empresas locais., baixo o nome Ribadeo, prepara o teu camiño.

Este proxecto forma parte doutro proxecto tamén desenvolto polo Concello, o obradoiro Ribadeo Alén do Camiño, e nace porque o Xacobeo 2021, ampliado ao 2022, constituirá unha oportunidade marabillosa e excepcional, de gran repercusión internacional, para poñer en valor as costumes, a paisaxe, e os oficios. Grazas ás novas tecnoloxías os camiñantes poderán selar as súas credenciais cos seus dispositivos móbiles.

Ademais de que o Camiño Norte a Santiago, que foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade hai uns anos, e Ribadeo é a entrada en Galicia do Camiño do Norte cara a Compostela.

Este catálogo é accesible a través dun sistema web, onde aparece información detallada de cada un dos establecementos, os datos de contacto, os produtos que ofrecen e tamén información moi particularizada desa gama de produtos específicos e pensados especialmente para o peregrino.

O que se lles transmite aos peregrinos que escollen o Camiño Norte é queen Ribadeo, van poder atopar todo canto necesitan, ou ben para iniciar o camiño e tamén que desfruten dunha gama completísima de servizos e da gastronomía.