Skip to main content
Ribadeo

Deu comezo a segunda fase do saneamento do barrio de Cinxe, na Devesa

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

Estes días da comezo a segunda fase do saneamento do barrio de Cinxe, na parroquia da Devesa. O orzamento ascende a 53.500 euros e será financiado pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único, e polo Concello de Ribadeo.

O prazo de execución é de dous meses e o adxudicatario da obra, como mellor oferta, foi para a empresa Desarrollos y Metas S.L.

Estas obras veñen continuar a preparación dos viarios municipais para agora proceder á canalización de tubaxes de PVC que recollan os vertidos desa zona e levalos ata un pozo de bombeo existente que está conectado á rede xeral de saneamento. A lonxitude total é de 750 metros e terá trece pozos de rexistro. Tamén hai que indicar que haberá un tramo por debaixo da estrada N-634, que irá cunha perforación horizontal dirixida, o que se coñece vulgarmente como toupo. Estas obras tamén contemplan a colocación dunha tubaxe de impulsión de 185 metros de lonxitude e un equipo de bombeo para augas fecais composto por dúas bombas, tipo trituradoras, unha en servizo e outra en reserva.