Skip to main content
Ribadeo

O Pedro Murias de Ribadeo acollerá un curso de manipulador fitosanitarios

Por 23 Xullo, 2021Sin comentarios

O centro Pedro Murias de Ribadeo acollerá un curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios que se celabrará dende o próximo luns 26 de xullo.

O curso -que contará cunha duración de 27 horas repartidas en seis xornadas de tarde- centrarase  en que os agricultores consigan unha formación adecuada para realizar tratamentos fitosanitarios nas súas explotacións sen emprego de persoal auxiliar e, á súa vez, en capacitalos para obter o carné de aplicador de nivel básico necesario para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal.

Así, ao longo do curso non só se tratarán os distintos produtos fitosanitarios e os métodos de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación, senón tamén os riscos derivados do seu uso tanto para o medio ambiente como para as persoas, xunto cos equipamentos e EPIs (Equipos de Protección Individual) axeitados para o seu emprego. Así mesmo, trataranse cuestións como as pragas dos cultivos e as técnicas adecuadas para o seu control, ademais de especificar produtos fitosanitarios ilegais.  

Canto aos participantes, a acción está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego. 

Cabe engadir que os interesados poden consultar todas as accións formativas e de transferencia organizadas pola Consellería do Medio Rural neste ano 2021 no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas