Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo realizará melloras en varias rúas da vila e de Rinlo

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo realizará melloras en varias rúas do casco vello da vila e tamén en Rinlo. O investimento ascenderá a 156.000 euros e o prazo de execución será de 2 meses. 

Trátase de actuación nas rúas Virxe Branca, en Rinlo, e nas Catro Rúas e Antonio Otero, en Ribadeo. Desde o Concello temos previsto iniciar os traballos de mellora destes espazos, dentro das dúas zonas Ari, ao longo do mes de setembro.

No caso de Rinlo as actuacións contempladas para a rúa Virxe Branca, inclúen a demolición das soleiras existentes, a colocación dun pavimento continuo de formigón desactivado con bordillos de granito para a recollida de augas. Tamén se substituirán as luminarias actuais por outras de maior eficiencia enerxética. 

No caso da vila levaranse a cabo melloras nas Catro Rúas, onde se levantarán os adoquíns e as baldosas de granito actuais, para colocar novas baldosas de granito tipo Alba. No centro  do cruce aparecerá una pedra granítica de 1x1metro co escudo tallado e grafiado do Concello. Así mesmo no comezo ou remate de cada una das Catro Rúas aparecerá tallado o nome da vía correspondente.

Na rúa Antonio Otero reconstruiranse e repararanse as zonas afectadas para mellorar a mobilidade sen desligala da seguridade viaria e conseguir un espazo de convivencia e comunicación da vida colectiva da vila. Actuaremos sobre unha superficie total duns 405 m2, incluídas as beirarrúas e o tramo de calzada ata a entrada da Biblioteca Municipal. Do mesmo xeito, substituiranse as luminarias actuais por outras mais eficientes e realizaremos traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas.