Skip to main content
Ribadeo

Estanse mellorando as instalacións da escola infantil ribadense

Por 27 Xullo, 2021Sin comentarios

Estanse a mellorar as instalacións da escola infantil ribadense, concretamente actuarase nunha saída de emerxencia, nos vestiarios e no acondicionamento dos baños da planta baixa e do xardíns exterior; así coma na mellora dos equipos da cociña. Todas estas obras faranse cun investimento de 59.500 euros

O pasado ano executáronse melloras na escola coma na iluminación e na cociña; o pintado da propia escola; a instalación de cámaras de videovixilancia; a adquisición de material para o funcionamento diario do centro e para a detección de incendios; ou actuacións de carpintería e no sistema de calefacción. Ademais, e a petición da propia dirección do centro, no marco deste proxecto, e debido á nova normalidade que deixa a covid-19, contratouse a unha camareira-limpadora.