Skip to main content
Ribadeo

Os accesos á praia do Cargadoiro de Ribadeo seguirán pechados

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

Os accesos á cala do Cargadoiro, máis próxima ao Forte de San Damián, seguirán pechados debido á inestabilidade do terreo. Así o aconsellan os informes xeolóxicos elaborados por unha empresa especializada na materia.

Esa baixada resultou danada polos temporais do pasado inverno ao igual que aconteceu en Rochas Brancas, aínda que neste caso o arranxo xa foi executado.

No caso da praia do Cargadoiro tanto os técnicos de Costas como os técnicos municipais concordaban na dificultade de levar a cabo unha actuación que presente a seguridade necesaria para os usuarios desta infraestrutura, o que nos obrigou a contratar a unha empresa especializada en xeoloxía para que analizase o terreo, como estaba, como estaban as escaleiras e as posibles solucións.

O Concello recibiu onte un primeiro informe desta empresa concluíndo que iso está inestable e que a día de hoxe non é segura esta baixada tal como está. Están a traballar nas medidas que eles propoñen para reforzar o terreo para abrila, habería que reforzar a escaleira na baixada, non enteira senón en certas partes. Tamén están pendentes de facer un proxecto para ver o que custa ese arranxo para que estea seguro ese acceso á praia do Cargadoiro.