Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O alcalde de Riotorto acusa á Deputación de discriminación

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

O alcalde de Riotorto, o popular Clemente Iglesias emitiu un comunicado no que acusa á Deputación de discriminación coa veciñanza ao ter parado o proxecto do polígono industrial.

O alcalde referiuse para esto ao anuncio da Xunta de Goberno da Deputación de que financiarán a redacción do proxecto do polígono industrial da Fonsagrada. “En Riotorto, xa temos o proxecto de urbanización do polígono industrial e todas as autorizacións sectoriais, solo falta sacalo a licitación polo importe de 402.000 euros, cousa que ten que facer a Deputación de Lugo, explica Iglesias.

Afirma por tanto que as empresas locais de Riotorto e os veciños “sentímonos discriminados polo ente provincial e polo seu presidente, no que as inversións en parques industriais dependen da cor política de quen goberne no Concello. Fonsagrada SI, Riotorto NO”.

O mandatario engade que Riotorto necesita un polígono industrial xa, “as empresas locais demandan este tipo de infraestructura para conseguir emprego local e unhas parcelas industriais para o desenvolvemento económico do noso municipio”.

Critica tamén aos concelleiros do PSOE no Concello “que non queren que se faga en Riotorto o polígono industrial, e están a boicotear calquera inversión da Deputación neste municipio”.

“Non queremos e non vamos a permitir que a Deputación discrimine a un municipio pola súa cor política e advertímoslle que non vamos a permitir que existan cidadáns de primeira e de segunda. Faremos o que estea nas nosas mans para dispoñer de solo industrial en Riotorto para asentar e consolidar o noso tecido industrial”, ameaza o alcalde.

Engade tamén que desde o pasado 8 de xaneiro están esperando a concesión dunha entrevista con Tomé para abordar este asunto, “sin ter a data de hoxe unha data concreta, debe ter a axenda moi ocupada”.