Skip to main content
Viveiro

Xa se pode consultar os admitidos no Campamento Urbano de Viveiro

Por 3 Xullo, 2021Xullo 4th, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro publicou a aprobación definitiva de participantes admitidos no Campamento Urbano de Verán 2021, que dará comezo o vindeiro luns, 5 de xullo.

O Concello abriu nesta semana un novo periodo para a presentación de solicitudes para participar nos campamentos, un procedemento que xa está rematado.

O decreto de aprobación do listado definitivos de admitidos pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica ou a través do seguinte enlace: https://viveiro.sedelectronica.es/board/975040b6-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

A primeira quenda de participantes comezará o luns no pavillón do CEP Lois Tobío. O horario é de 8.30 a 14.00 horas, coa posibilidade de entrada ás 10.00 para as familias que así o desexen. A hora de saída será flexible dende as 13.00 ata as 14.00 horas.