Skip to main content
Viveiro

Aprobada a moción para habilitar zonas para cans en Viveiro

Por 12 Xullo, 2021Sin comentarios

A moción presentada en pleno para habilitar lugares para cans en praias e zonas verdes de Viveiro, saiu aprobada a pesares da equidistancia dos grupos do PSOE e PP, que se abstiveron.

Os puntos aprobados desta moción expostos pola concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, foron que se establece un horario que permita o acceso dos animais ás praias despois das 21 horas e até as 10 horas, nos meses de verán, e que se habilitará polo menos unha zona verde de esparcimento para cans, de maneira permanente ou con delimitación horaria.

Como medidas a curto-medio prazo propuxose a creación de zonas permanentes para cans, ou con horario, nas praias e zonas verdes de Viveiro, á maior brevidade posible no tempo. Así como contar coa colaboración da veciñanza e de asociacións de animais de Viveiro para a escolla das localizacións e a realización de campañas de concienzación relacionadas coa necesidade de recoller e limpar os excrementos das mascotas, incluídos ouriños.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, afirmou recibir protestas veciñais de cans soltos e excrementos nos areais, tentando xustificar así a prohibición de cans en praias as 24 horas durante todo o verán. Tamén foi taxante en que, “como este verán xa lanzaran o Bando de prohibición que non se podían desdecir, como se calquer bando, notificación ou prohibición non se puidera revertir e emitir un novo”, di Bermúdez.

“O feito constatable é que en Viveiro a datos de 2018 segundo Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía, hai 2.434 cans, cifra que problablemente sexa superior a 2021 e que non todos os cans esteñan rexistrados, polo que existe a necesidade de regular as normas de convivencia necesarias para previr e controlar as molestias e perigos que os animais podan causar, como tamén para garantir o dereito dos animais a desenvolverse dunha maneira equilibrada,” dixo Míriam Bermúdez.

Míriam asegurou que “é tal esta necesidade, que existiron varias iniciativas veciñais para solicitar espazos para mascotas a través de dúas recollidas de sinaturas, rexistradas no concello e coa promesa da alcaldía de ser atendidas, mais nada sen ten feito. É máis, aínda poñen problemas a cada un dos puntos desta moción e optan pola abstención”.