Skip to main content
Viveiro

Teatro infantil esta fin de semana no Pastor Díaz

Por 28 Xullo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O teatro Pastor Díaz de Viveiro continúa o sábado 31 de xullo coa obra Falade galego, rapazada do coñecido cómico Pepo Suevos. O espectáculo englóbase no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL),  en colaboración co concello de Viveir.

O monólogo humorístico, que será ás 19.00 horas, está creado a partir da súa propia experiencia, animará os millenials a empregar a lingua propia de Galicia en todas as situacións da súa vida.

A entrada de balde e para asistir é necesaria a reserva de entradas no teléfono 982 560 162 ou no correo rbg.cultura@viveiro.es.