Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Rábade un torneo de futbolín no aniversario da peña Bola Meiga

Por 7 Xullo, 2021Xullo 10th, 2021Sin comentarios

Trala suspensión do Máster de Futbolín durante dous anos consecutivos debido á pandemia, Rábade acollerá este sábado a primeira dunha serie de torneos para festexar o aniversario da peña Bola Meiga, organizadora destes eventos na localidade.

A intención do torneo e retomar a práctica deportiva e seguir mantendo vivo o espírito do futbolín na vila referencia do mesmo.

A cita será este sábado, 10 de xullo, a partir das 16.00 horas na sede da peña e só poderán participar 16 parellas. Acotouse a cifra de participantes polas restricións. Os interesados en participar aínda están a tempo de anotarse.

Optarase pola modalidade alterna e a parella campioa recibirá o 50% da recadación; os subcampións o 25% e o resto irá destinado a unha merenda, que estará amenizada por novas partidas cegas.

A inscrición ten un cueste de 15 euros por xogador.