Skip to main content
Axenda Caducada

Meira e Ribeira de Piquín terán unha fin de semana de carrilanas

Por 7 Xullo, 2021Xullo 11th, 2021Sin comentarios

Meira e Ribeira de Piquín converteranse esta fin de semana no centro dos deportes de inercia coa celebración de senllas baixadas de carrilanas, sábado e domingo respectivamente, organizadas pola Asociación de Carrilanas Os Meiregos coas que se recupera esta afección que este ano, por exemplo, non contará coa tradicional cita de Abadín.

Para Meira esta será a segunda edición, xa que a primeira tivo lugar no 2019, xusto antes do inicio da pandemia e polo que o ano pasado non puido celebrarse. Non é o mesmo coa baixada de carrilanas de Ribeira de Piquín, que se estrea nesta ocasión.

Esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudas aos negocios.

As dúas probas convértense así en practicamente as primeiras da tempada tras máis dun ano de parón —houbo un par delas en Cataluña en xuño— e a expectación é máxima.

Xa hai rexistrados e Meira 45 pilotos e en Ribeira de Piquín, 52. Este número non puido ser maior xa que se puxo un límite, por loxística, horarios e protocolo covid,

En ambas as xornadas, polas mañás serán as verificacións e o brieffing. Tras a comida, e a partir das 15.00 horas, dará comezo a competición, cunha baixada de recoñecemento e outras dúas oficiais.

O percorrido de Meira, de preto de tres quilómetros, arrincará xunto aos eólicos para pasar polo Pedregal de Irimia e finalizar na aula da natureza, cunha pendente do 12%. No caso de Ribeira de Piquín, a baixada será pola LU-751, desde o miradoiro ata Chao de Pousadoiro, cun 10% de desnivel.