Skip to main content
Axenda Caducada

Viveiro acollerá o XXI Campionato Galego de Clubs por Equipos de Pesca Submarina

Por 17 Xullo, 2021Agosto 1st, 2021Sin comentarios

O día 1 de agosto en Viveiro, celebrarase o XXI Campionato Galego de Clubs por Equipos de Pesca Submarina, organiza o Club Deportivo Mergullo Viveiro baixo a supervisión da Fegas.

As inscricións haberá que facelas no club e a documentación enviaranse por correo a pesca@fegas.net. A data límite establecida para facer as inscricións, será o día 25 de xullo.

A xornada comezará ás 8.00 coa presentación, validación de inscricións e reparto de dorsais, para que ás 9.00 horas sexa a navegación ata a zona de neutralización e que ás 9.35 comece a competición.

A proba rematará ás 14.35 horas e xa pola tarde será a pesada e a entrega de trofeos e o finalizar realizarase un aperitivo para os competidores.