Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un obradoiro sobre estereotipos na Aula Cemit de Guitiriz

Por 15 Xullo, 2021Xullo 19th, 2021Sin comentarios

Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvolven o Programa Girl STEAM. O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas aos roles das mulleres no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.

Esta actividade, dirixida á rapazada de entre 8 e 11 anos, terá lugar o luns 19 de xullo, de 10.00 a 13.00 horas na Aula Cemit de Guitiriz.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal ou ben no teléfono 982 37 00 62. O prazo para a inscrición rematará o venres, 16 de xullo, ou ben ata esgotar as prazas.