Skip to main content
Axenda Caducada

Os monicreques chegan ao Incio en forma de espectáculo

Por 15 Xullo, 2021Xullo 18th, 2021Sin comentarios

A compañía Ubú Teatro representará este sábado no Incio a obra O vixiante dos soños, un espectáculo con monicreques pensado para nenas e nenos con guión de Ana Carreira e dirección de José Campanari. A obra realizarase ás 19 horas, na sala de usos múltiples da Cruz do Incio.

A propia Ana Carreira e Marga Portomeñe manexan as personaxes que dan vida á historia: Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.

A representación, organizada coa colaboración do Concello do Incio, forma parte do circuíto de teatro profesional Aparte, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo co que, desde este mes de xullo, dez compañías xiran polos concellos con montaxes para distintos públicos.