Skip to main content
Axenda Caducada

Recollen doazóns de sangue en Cervo

Por 19 Xullo, 2021Xullo 20th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro 20 de xullo en Cervo para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

Así, estará a carón do Concello de Cervo de 11.00 a 13.30 horas e a carón da casa da cultura de San Cibrao de 17.00 a 21.00 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.