Skip to main content
Axenda Caducada

A casa da cultura do Valadouro acollerá unha exposición itinerante

Por 28 Xullo, 2021Agosto 13th, 2021Sin comentarios

Entre o 28 de xullo e o 13 de agosto a casa da cultura do Valadouro acollerá a exposición itinerante do Proxecto Life in Common Land, unha iniciativa de carácter demostrativo e colaborativo centrado na conservación dos hábitats de turbeira e matorrais húmidos atlánticos da Serra do Xistral. 

A exposición consta de 13 paneis que permiten ao visitante coñecer a biodiversidade da ZEC Serra do Xistral, e entender a importancia das turbeiras e brezais húmidos e do mantemento das actividades tradicionais para a súa conservación. Ademáis, pretende dar visibilidade á figura dos Montes Veciñais en Man Común e aos servizos ecosistémicos que a Serra do Xistral aporta á sociedade. Todo isto, acompañado do resumen das accións que se están desenvolvendo no proxecto Life in Common Land. 

A exposición poderase visitar de luns a venres de 10.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas.