Skip to main content
Axenda Caducada

Actuación este domingo en Muras

Por 30 Xullo, 2021Agosto 1st, 2021Sin comentarios

Este domingo, 1 de agosto, ás 17.00 horas a Área Recreativa da Veiga contará coa visita da compañía de Narón Teatro Ghazafelhos, que porá en escea a obra A Máquina do tempo, unha referencia para o público familiar.

Montse Piñón e Pepablo Patinho teñen un humor incomparable. Que se traeran entre mans coa máquina do tempo? Un xeito divertido de contar o a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía Pepablo e Montse fan un percorrido pola historia a través de dúas personaxes: A doutora Mon e o seu axudante Pe. Pero precisarán da axuda do público nunha aventura educativa con moito humor.