Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Ribeira FS faise co título de liga na final galega infantil

Por 5 Xullo, 2021Sin comentarios

O Ribeira FS infantil masculino proclamouse no día de onte campeón galego infantil de fútbol sala tras derrotar na final ao CD La Peña (9-0). O partido disputouse no pavillón Agustín Mourís de Noia, onde se celebraron entre o sábado e o domingo o resto de finais de ligas galegas nas diferentes categorías masculinas e femininas.

O equipo ribeirense conseguiu alzarse coa copa de campións despois de lograr o primeiro posto no seu grupo de liga. A continuación, superou os cuartos de final e, posteriormente, a semifinal contra o Hércules FS. Esta eliminatoria púxose costa arriba para o equipo lucense despois de perder na Coruña por 8-5, sen embargo, conseguiu a remontada (5-0) para poder disputar a final en Noia.

Desta forma, ao ser campións galegos, o Ribeira FS sería o representante galego no campionato de España, sen embargo, a causa da covid, dita competición está cancelada.