Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Paco Olmos será o novo técnico do CB Breogán na vindeira tempada

Por 12 Xullo, 2021Xullo 13th, 2021Sin comentarios

O CB Breogán xa comezou coa preparación da vindeira tempada que disputará en ACB. Así pois, despois de coñecerse a nova de que, tras dúas tempadas, o adestrador Diego Epifanio non ía continuar no club, eran varios os nomes que soaban para ocupar o banco do equipo lucense. Finalmente, tal e como se estaba vendo, Paco Olmos será o que colla o testigo para encabezar esta nova tempada e este novo proxecto na máxima liga do baloncesto español.

Olmos é un experimentado neste mundo xa que pasou por clubes coma Los Barrios, ViveMenorca, Pamesa Valencia ou o Fuerza Regia de Monterrey. Ademais, era un dos adestradores que soaba con máis forza xunto Josep María Berrocal.

Por outra banda, dende o club agradecen o traballo e o compromiso de Epifanio que logrou a estabilidade e a plantilla precisa para lograr o tan ansiado ascenso.