Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A SCD Milagrosa oferta prazas para a categoría biberón

Por 17 Xullo, 2021Sin comentarios

Dende a SCD Milagrosa comezaron coa preparación da tempada que vén, por iso xa están abertas as inscricións para nenos e nenas de entre 3 e 5 anos. Dende o club ofertan prazas para fútbol sala e predeporte na categoría biberón -é dicir, para nenos e nenas nados nos anos 2016, 2017 e 2018-. As prazas son limitadas ata completar os grupos.

Os adestramentos levaranse a cabo dende o 1 de setembro ata o 24 de xuño, dous días á semana. Así pois, os adestramentos terán unha duración de unha hora e serán os mércores e os venres de 17.30 a 18.30 na Casa do deporte e no campo de fútbol Luis López Gorgoso.

Dende o clube animan a todos aqueles nenos e nenas que o desexen a incribirse. Para iso ou para máis información pódese contactar no número de teléfono 630 707 662 ou no 618 139 474.