Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla celebra o 107 aniversario de Dolores Rodríguez

Por 17 Xullo, 2021Sin comentarios

A avoa do Concello de Antas de Ulla cumpre 107 anos. Dolores Rodríguez Blanco cumpriu no día de onte 107 anos. A avoa do Concello de Antas de Ulla recibiu a visita do alcalde, Javier Varela, quen lle fixo entrega dun agasallo, así como dos seus familiares e a súa coidadora, que a acompañaron neste día tan especial.

Dolores tivo once irmáns, dos que conserva dous, unha filla coa que vive en Outeiro de Amoexa e unha neta. Viviu un ano en Francia e dedicou gran parte da súa vida á agricultura.

Ata os 102 anos aínda facía o queixo coas súas mans.