Skip to main content
Becerreá

Rematan os traballos de conservación da ruta do río Donsal

Por 27 Xullo, 2021Sin comentarios

A transitabilidad e seguridade do carreiro Quintá-río Donsal, reto e obxectivo compartido pola asociación Castaño y Nogal e o Concello de Becerreá, xúntase -por segundo ano consecutivo- o Centro EFA Fonteboa de Coristanco, a través da XII edición do campo de traballo medio ambiental, que presentou Antonio Alvarez, presidente da asociación impulsora.

Os traballos que se realizaron estes días consistiron en limpar en cuña a zona de tránsito de senderistas, a contorna de cruces/ bifurcacións, lugares pintorescos de interese e o repintado de parte dos sinais, así coma o aseguramento de estacas. Os clubs de sendeirismo e senderistas considérana un dos roteiros mellor conservados, a pesar de discorrer por contornas húmidas, de prados e bosque autóctono.

O roteiro de 18,2 km. discorre polos municipios de Becerreá -na súa maior parte-, Navia de Suarna, finalizando en Cabana do de Cervantes na LU 722, con cinco tramos opcionais, con conexión a núcleos de poboación con pista asfaltada en: O Couso, Quintá, Sevane, A Cortella, Buisán e Cabana, pola conca dos ríos Donsal e Navia.

Tamén está programada a elaboración dun primeiro inventario de especies forestais e da vexetación autóctona da conca do río Donsal e contorna do roteiro.

Neste campo de traballo participaron tres profesores, un monitor e seis alumnos de Fonteboa, varios integrantes do Equipo do GES do Concello de Becerreá, e o presidente de Castaño y Nogal.

O roteiro foi impulsado por nativos residentes na Coruña, Barcelona e familias locais a través da asociación Castaño y Nogal. A construción por antigos camiños de carro romano, carreiros e franxa de demanio xunto ao río Donsal, levouse a cabo coa participación de voluntarios estranxeiros e nacionais en tres anos, do 2010 ao 2012, e conservada ata agosto de 2020 pola asociación Castaño y Nogal, para o que organizou dez campos de traballo internacional.

En 2020, ante o confinamento do estado de alarma e a falta de implicación de varias Administracións competentes en ámbitos supramunicipais e patrimonio natural, consecuencias e secuelas da covid19, o Concello de Becerreá e Castaño y Nogal conviñeron na súa importancia estratéxica para o municipio, polo que de agora en diante será o Concello o que lidere a conservación e mantemento do roteiro Quintá-Río Donsal.

A importancia ambiental, paisaxística e para o turismo de natureza deste bonito roteiro está fóra de toda dúbida, revalorizada agora na etapa post covid19, con crecemento exponencial do turismo de natureza.