Skip to main content
Castroverde

Castroverde acolle unha charla sobre prevención do dano cerebral

Por 2 Xullo, 2021Sin comentarios

O vindeiro luns 12 de xullo celébrase a charla: Pódese previr o dano cerebral? en Castroverde. A conferencia levarase a cabo ás 11.30 horas no centro social de Castroverde.

Dirixida especialmente a peregrinos e peregrinas, así como a toda a poboación local encargada da súa atención e recepción, esta actividade informativa vai estar centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos no Camiño de Santiago: accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

Esta charla inclúese dentro de Camiñando polo dano cerebral, un proxecto impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Conta coa colaboración do Concello de Castroverde.