Skip to main content
Castroverde

Francisco López cae derrotado tras saírse da estrada no campionato de España de Rallyes

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

O castroverdés Francisco López Rivas participou a pasada fin de semana no campionato de España de Rallyes de Vehículos Históricos no IX Rallye Zamudio, en Bilbao.

A proba, terceira do certame na tempada do 2021, disputouse nos días 23 e 24 de xullo e rematou coa victoria para Xesús Ferreiro y Xabier Anido, que repetiron o triunfo de Avilés, gañando o dobrete co seu Ford Escort MKII tanto na xeral do CERVH como na categoría pre81.

A categoría pre81 do rallye de Zamudio, onde Francisco López disputou ata moi preto do final unha posición no podium, estivo protagonizada polos Ford Escort. Ata a penúltima especial tres unidades do modelo británico ocupaban as tres primeiras posicións absolutas do rallye, entre os que estaban o MKII de Xesús Ferreiro-Xabier Anido e o MKI de Francisco López-Carlos Riesgo, mentras que outro MKII, o de Aratz Zarakondegui-Aitor Cortazar, era terceiro.

Os equipos galegos estaban moi igualados e competían polo primeiro posto dunha maneira espectacular. Francisco López, vixente campión de pre81, comezou co mellor crono nas dúas primeiras especiais, o que lle permitiu tomar unha ventaxa de sete segundos e medio. Sen embargo, Ferreiro conseguiu replicar nas dúas seguintes logrando o liderato do rallye con 4,4 segundos de marxe.

Chegada a tarde -na que voltaban outras dúas especiais-, López logrou un mellor tempo reducindo a vantaxa frente ao seu principal rival, sen embargo, pouco tardou a alegría para o castroverdés xa que Ferreira conseguía de novo aumentar diferencia chegando a 7,1 segundos a falta do bucle final de dous tramos.

A sorte non estaba do lado de López e de Riesgo cando se foron da estrada no penúltimo quedando fóra da loita polo campionato. Pola súa beira, Ferreiro e Anido conseguían un terceiro scratch do día e, con López e Riesgo fóra da carreira, puideron rematar a última especial con certa tranquilidade. Quedaron desta maneira, no primeiro posto en Zamudio repetindo o seu dobre triunfo do rallye de Avilés, xa que gañaron tanto na xeral absoluta da proba como na clasificación da categoria pre81 do CERVH.