Skip to main content
O Corgo

O Corgo adquire por 32.000 euros a carballeira de Castrillón

Por 7 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello do Corgo adquiriu por 32.000 euros os terreos nos que se ubica o castro de Castrillón xunto coa carballeira. O lugar, que conta cun destacado valor cultural e histórico, é lugar de peregrinación e son moitos os fieis que asisten á capela de San Bernabé situada no propio espazo. De feito, o adro da capela era o único aspecto de dominio público, xa que o resto pertencía a unha familia que actualmente reside en Madrid.

A finca, situada no entorno da vía Künig, suma un total de 18.000 metros cadrados que se empregarán para uso público, así como para celebracións de diferentes festexos.

A inversión levouse a cabo grazas a fondos das arcas municipais, ademais da solicitude dunha modificación de crédito. Esta compra xa fóra reclamada con anterioridade e, de feito, o BNG presentara unha moción -aprobada por unanimidade- para que ditos terreos pasaran a ser de titularidade pública.

Dita actuación tamén é un movemento co que se busca atraer máis visitantes nun ano coma este no que o Xacobeo está moi presente. Así pois, a intención é dar a coñecer con máis forza a vía Künig e a carballeira do Castrillón para que, pouco a pouco, dita vía sea unha variante do Camiño Francés máis acollida por visitantes.