Skip to main content
A FonsagradaAxenda LUGOXADeportes LUGOXA

Cursos de natación no Concello da Fonsagrada

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada oferta cursos de natación dos niveis de aprendizaxe e perfeccionamento. Así pois, o curso levarase a cabo en agosto e será entre o día 2 e o día 21. Os días nos que se fará será de luns a venres cunha duración de tres semanas.

As prazas son limitadas por rigurosa orde de inscrición e poderán inscribirse nenos e nenas dende os 4 anos. O prazo será ata cubrir todas as prazas e a inscrición realizarase no Concello da Fonsagrada ou enviando a documentación necesaria ao enderezo electrónico deportes@fonsagrada.org.

Así mesmo, dende o Concello recordan que este ano o curso será de balde. Para máis información pódese contactar co concello ou no enderezo electrónico anteriormente mencionado.